Amosando publicacións coa etiqueta naturais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta naturais. Amosar todas as publicacións

Naturais 17 de xuño 2º E.P.


Bos días nenos e nenas!
Hoxe temos unha imaxe dunha granxa na que temos que atopar as diferenzas.
Moito ánimo campións e campioas





Naturais 16 de xuño 1º E.P.

Bos días nenos e nenas! Estamos a acabar o curso, quedan moi poucos días. Hoxe temos un xogo de memoria, o podedes imprimir e comezar a diversión Moito ánimo, campións e campioas.



Naturais 16 xuño 3º E.P.



Ola rapazas e rapaces!

Esto chegou ao seu final ,tan só me queda decirvos




Naturais 15 de xuño 2º E.P.


Bos días nenos e nenas! Estamos a acabar o curso, quedan moi poucos días. Hoxe temos un xogo para buscar animais na foto. Moito ánimo, campións e campioas.

Naturais 15 junio 4º E.P.

Bo día a tod@s!

Esta é a nosa última clase de naturais. Snif, snif...

Chega o verán e o tempo libre. Divertímosnos nas praias e polo campo. Queremos que vexades este vídeo para concenciarnos de que hai que cuidar o noso planeta.


Que non hai que tirar polo vertedoiro (fregadero)?

No vídeo tamén comentan o perigo para a natureza do petroleo. Oíchedes falar do Prestige? Mirade este vídeo. 



SEXAMOS RESPONSABLES, COIDEMOS O NOSO PLANETA!

FELICES VACACIÓNS!


Naturais 12 de xuño 1º E.P.

Bos días mozos e mozas! Como estades?
Hoxe a proposta é para continuar traballando os anfibios, neste caso o crecemento da ra. É moi curioso este animal.
A podedes facer no voso caderno, nun folio ou imprimila.
Ata mañá! Moito ánimo 






Naturais 10 de xuño 2º E.P.

Bos días mozos e mozas! Como estades?
Hoxe a proposta é para  elaborar unha receita saudable. Ánimo cociñeiros e cociñeiras!
A podedes facer no voso caderno, nun folio ou imprimila.
Ata mañá! 




Naturais 9 de xuño 1º E.P.

Bos días nenos e nenas! Como estades?
Hoxe a proposta é para afondar nos anfibios, en especial no tritón.
A podedes facer no voso caderno, nun folio ou imprimila.
Ata mañá! Moito ánimo 




Naturais 9 xuño 3º E.P.


Bo día a todos!

Como xa rematamos coas tarefas de repaso agora imos relaxarnos.

Onte celebrabamos " O Día Mundial dos Océanos"  e para concienciarnos sobre a importancia do seu coidado e respeto, deixovos estes enlaces para que os copiedes e vexades os cortos de video que vos propoño

https://www.youtube.com/watch?v=zkvYRrjnEX4&feature=youtu.be



https://www.youtube.com/watch?v=WkWs2ljF904


DEICA MAÑA!

Naturais 8 de xuño 2º E.P.


Bos días nenos e nenas! Como estades?
Hoxe a proposta é para elaborar un menú saudable para un día da semana.
A podedes facer no voso caderno, nun folio ou imprimila.
Ata mañá! Moito ánimo 




Naturais 8 junio 4º E.P.

Bo día!

Comezamos unha nova semana. Xa é a penúltima para rematar o curso!

O pasado venres 5 foi o Día Mundial do Medio Ambiente.

Vemos un vídeo e reflexionamos un poquiño.




  • Este home fai unhas cantas cousas que non son nada respetuosas co medio ambiente. Cales ves?
  • Ao final empeza a facer cambios. Cales? Por que?

Naturais 5 de xuño 1º E.P.


Bos días mozos e mozas! Como estades?
Hoxe a proposta é para para traballar a alimentación dos animais.
A podedes facer no voso caderno, nun folio ou imprimila.
Ata mañá! Moito ánimo campións e campioas.








Naturais 3 de xuño 2º E.P.


Bos días nenos e nenas! Como estades?
Hoxe a proposta é para para coñecer a pirámide alimenticia. Podemos enchela con imaxes de alimentos ou facer debuxos.
A podedes facer no voso caderno, nun folio ou imprimila.
Ata mañá! Moito ánimo.




Naturais 2 de xuño 1º E.P.


Bos días rapaces e rapazas! Como estades?
Hoxe a proposta é para para coñecer os animais segundo a súa alimentación.
A podedes facer no voso caderno, nun folio ou imprimila.
Ata mañá! Moito ánimo.





Naturais 2 xuño 3º E.P.


Ola chicos , bo día!

Espero que disfrutarades moito durante a fin de semana pois tivemos bo tempo.Animo! que xa queda moi pouquiño.

E por iso imos acabar  este conto cun " COLORIN; COLORADO ESTE CONTO IREMOS REMATANDO".

Imos a abrir o libro nas páxinas 74 e 75 e faremos eses exercicios, que son de repaso de todo o trimestre. Unha vez feitos xa podedes enviarmos a o meu correo ( Laura) ata o luns 8 de Xuño.

E con isto imos dando por rematado este curso , tan diferente e raro, no qu!e deixamos tantas e tantas cousas no tinteiro pero outras que non esquenceremos. Un bico forte para todos.

Deica mañá

Naturais 1 de xuño 2º E.P.


Bos días rapaces e rapazas, xa estamos en xuño!

Hoxe a proposta é para coñecer o sistema dixestivo.
Recordamos o sistema dixestivo é o conxunto de órganos encargados do proceso da dixestión.
A podedes facer no voso caderno, nun folio ou imprimila.
Ata mañá!




Naturais 1 junio 4º E.P.

Bo día a tod@s!

Empezamos unha nova semana e estamos en xuño!!
Hoxe en naturais... os animais!
Vemos o seguinte vídeo e contestamos as preguntas.



1. Que quere dicir que un animal está en perigo de extinción?
2. Que tipo de causas poden causar o perigo de extinción dun animal?
3. Cales son os 10 animais en maior perigo de extinción?
4. Clasifica eses 10 animais en...

Vertebrados
Invertebrados
Vivíparos
Ovíparos





5. Que podemos facer para axudar?

Naturais 29 de maio 1º E.P.




Bos días rapaces e rapazas! Como estades?
Na proposta de hoxe tedes que escoller un animal salvaxe e completar a ficha.
A podedes facer no voso caderno, nun folio ou imprimila.
Ata mañá ! 






Naturais 28 maio 3º E.P.


Bo día para todos!

Nótovos un pouco cansos, mais non desanimedes que xa falta moi pouquiño. Arriba ese ánimo!

 Hoxe imos seguir na páxina 70 e faremos os exercicios 5, 6 e 7.

E isto é todo. Deica mañá!

 

Naturais 28 mayo 4º E.P.

Bo día a tod@s!

Comezamos deixando a correción da ficha que enviáchedes de volta.


Calzado azul: Esther
Calzado vermello: Xulia
Calzado amarelo: Carme

1.   Esther polo camiño morado porque ainda que non escoita pola música pode ver e camiñar ben e subir escaleiras.
Xulia e Carme polo azul xa que cos ollos tapados pode oir os semáforos e é un camiño sen obstáculos para poder ir saltando cun pé soamente.

2.   Esther ten alterado o oído. Función vital de relación. É necesario para oir/escoitar.
Xulia ten alterado os ollos. Función vital de relación. Son necesarios para o sentido da vista. Para poder ver.
Carme ten alterado o aparato locomotor. Función vital de relación.  Necesario para executar as respostas que elabora o sistema nervioso.

3.   Esther usará os sentidos da vista, do olfacto e do gusto.
Xulia usará os sentidos do oído, do olfacto e do gusto.
Carme pode usar todos os sentidos xa que ela so iba a pata coxa.

4.   O prato de pasta xa que ten hidratos de carbono que dan enerxía e a carne son proteínas que proporcionan materiais para reparar o corpo.

As plantas son importantes en todas as estacións do ano, pero aproveitando que estamos en primavera vamos a continuar repasando a súa importancia.
Vemos o vídeo para despois poder responder as preguntas.


1. Responde verdadeiro ou falso. Nas falsas razoa a túa resposta.

1.    As plantas poden desprazarse. 
2.    As plantas relaciónanse. 
3.    As plantas non fabrican o seu propio alimento.
4.    As plantas nos aportan osíxeno. 
5.    Hai plantas con flores.


2. Contesta as seguintes preguntas.

En que consiste a fotosíntese?

Que é e para que serve a clorofila?

Onde viven as algas?

Onde podemos encontrar musgo?

Que significa plantas superiores?