Música 23 abril 4º E.P.

Bos e musicais xoves, rapazada!
Qué tal o pasáchedes co "Resistiré" da semana pasada? Non se vos ocorrería probar cun vaso de cristal, non? Non me asustedes!. Espero que, alomenos, servira para divertiros e distraeros un bo rato.

Hoxe quero pedirvos que investiguedes un pouquiño sobre un instrumento, sobre o violín: buscade información sobre a súa historia, dende cando se utiliza, de qué familia é e se ten "irmáns", cómo se toca, que partes (as máis importantes) ten, o nome dalgúns violinistas famosos... A ver qué atopades!

Podedes facelo nun folio e tentar debuxar vós o violín, como o da ficha, e marcar nel as partes.


Espero que descubrades cousas curiosas e interesantes acerca deste instrumento musical, moi coñecido...a partir de hoxe máis para vós!