Conmemoracións

18 de maio Letras Galegas 2020


Bos días a todos e todas! Comezamos a semana cunha celebración moi importante para nós xa que onte foi o Día das Letras Galegas. Este ano a figura homenaxeada é o ferrolán RICARDO CARVALHO CALERO! Filósofo e escritor que dedicou a súa vida a Galicia e á cultura galega.
Como cada ano, aínda que esta vez adaptándonos ás circunstancias que estamos a vivir, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole, ofrécenos diferentes propostas para celebrar esta data tan sinalada.


Accede a través do seguinte enlace á entrada das actividades:

https://primarialestonnac.blogspot.com/2020/05/letras-galegas-2020-1-4-ep.html



Blog Xavedes: https://xavedes.wordpress.com/






15 de maio Santa Juana de Lestonnac







Feliz día de Santa Juana!!. Pinchade no seguinte enlace para ter acceso á entrada do día.





9 de maio Día de Europa

Bo día!
O grupo de Sección Bilingüe propóñevos unha actividade con motivo da celebración do Día de Europa que podedes facer en familia. Animádevos a participar!
Pinchade na seguinte ligazón para acceder a ela.
https://lestonnacferrol.org/index.php/gl/144-noticias-gl/fila1-gl/472-quiniela-dia-de-europa-2020

23 de abril día do libro

Bo día!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e da Lectura non quere deixar pasar este Día do Libro 2020 sen "agasallarvos" co seu xa tradicional marcapáxinas. Desta vez, e dadas as circunstancias, terá que ser "feito na casa", pero coa mesma ilusión de todos os anos. Podédelo atopar na seguinte ligazón: