Música 22 maio 3º E.P.

Bos días, meus rapaces e rapazas!
Qué tal vos vai? Ánimo que hoxe é venres, remata a semana...e toca música. Para hoxe vos traio unha actividade sinxela para coñecer máis un dos nosos símbolos de Galicia: O HIMNO GALEGO. 

O texto do himno foi escrito por un afamado escritor galego chamado Eduardo Pondal, mentres que a música a puxo outro coñecido compositor, Pascual Veiga.
Tocouse por primeira vez en 1907, nun lugar tan lonxano a Galicia como é La Habana (Cuba).
No texto, Pondal pedía aos galegos que defendesen a súa terra e a súa lingua. En lugar de chamalos "pobo galego" usou un símil cunhas árbores típicas da nosa terra: os pinos. De ahí que ao poema se lle coñeza co nome de "Os pinos".
Aínda que o poema era máis longo, de 10 estrofas, para o himno só se usan as 4 primeiras...e normalmente acortamos e só cantamos 2!.



Ben, pois despois de aprender un pouco máis sobre esta composición musical, vos pido que copiedes estas preguntas nunha folla e as contestedes, enviándoas cando as teñades por correo (ao meu, da profe Elena, ou ás vosas titoras) ou polo Remind. 
1. Quen foi o autor do texto do Himno Galego?………………………………………………...
2. E quen lle puxo a música? ........................................................................................................
3. Onde foi estreado e en que ano?................................................................................................
4. Cal é o título do poema?...……………………………………………………………………..
5. Que  pedía Pondal co seu poema e a quen llo pedía?...………………………………………..
6. A segunda e cuarta estrofas do himno fala de Breogán. Busca e escribe nun par de liñas, quen foi.