Ola peques.
Como estades? Xa queda pouquiño para vernos e que ben, porque teño moitíííííííííísimas gañas.
Como estades? Xa queda pouquiño para vernos e que ben, porque teño moitíííííííííísimas gañas.
Estamos en tempos dos Maios así que déixovos unha canción moi bonita de Habelas Hainas.
1º Quero que escoitedes a canción
2º Con 2 pauciños de madeira que haxa pola casa (ou instrumentos) acompañade a canción co ritmo TA-TITI-TA-TA.
3º Si vos apetece podedes debuxar un pentagrama cheo de flores! En lugar de notas musicais, flores de cores.
Tamén podedes crear xestos (danza expresiva-falada) para cada unha das accións e nomes máis significativos interpretando a letra: Pra facer os maios
Temos que coller
Un feixe de flores
E algo que dizer.
Moitos bicos e que vivan os maios!