Música 12 de xuño 2º E.P.

Bo día, raparig@s!
Xa está aquí, xa chegou….  non, non é a "Patrulla Canina"! Raios, que pegadiza é a súa canción!😂
O que chegou foi O DERRADEIRO DÍA DE MÚSICA...😭😭😭😭😭😭😭… deste curso.
Temos un sabor agridoce. Estamos contentos...😀😀...pero á vez tristes..😥😥. Así tamén nos sentimos os/as profes. Gustaríanos moito poder despedirnos de tod@s vós na clase coma sempre, cantando, xogando… Como aínda non pode ser, decidimos usar o enorme poder que ten a música e as palabras para deixarvos un pouquiño mellor de sabor. Esperamos que vos guste este vídeo que fixemos pensando en vós, nen@s, e tamén en todas as familias, que estivéchedes ao noso carón e ao dos nos@s pequen@s, apoiando, coidando e mimando para saires adiante fortes e preparados.
Parecíanos que a materia de MÚSICA era a perfecta para que a "tarefa" de hoxe sexa soltar un pouquiño os nosos corazóns e darlles unha dose de esperanza e recordo
Coidádevos moito, desfrutade do verán (sexa como sexa) e, sobre todo, sede FELICES!
Voltaremos a vernos en setembro no noso Lestonnac!
Bicos a tod@s!


NOTA: Como a informática vai un pouco "ao seu aire", a música que acompaña a este vídeo hai que pinchala no seguinte enlace.
https://youtu.be/tFztytkuxck