Música 18 junio 4º E.P.


Moi bos días, rapazada!
Sí, xa sei o que estades pensando: " pero de música non nos despediramos o xoves pasado?" 😕😕.
Pois sí, a verdade. E espero que o vídeo vos gustase; queriamos demostraros o orgullosas que estamos de vós, e qué mellor maneira de facelo que con música. 
Pero aínda que a materia, para o resto dos cursos xa rematou, nós podemos disfrutar un pouquiño máis hoxe 😊😊😊😊.Unha nova oportunidade de despedirnos da mellor maneira: cantando, escoitando, bailando... como máis vos apeteza.
Aquí vos deixo varias cancións que falan do final do curso, do verán, de moverse e estar ledos,... unhas máis modernas, outras para que compartades coa familia (que seguro que as coñecen)...e todas para que cantedes e bailedes. Ogallá acerte e vos gusten!

Esta é máis recente, ao mellor ata vos soan os cantantes. Ten unha letra ben bonita!
                                                     https://youtu.be/oZVDAl8WWZg

Esta é de fai uns cantos aniños máis...😏...algúns papás, avoas... seguro que a saben! Por certo, "matracas", nos tempos antiguos, eran as matemáticas 😆
                                                          https://youtu.be/pqUollXXY9I

Estoutra é antiga tamén para vós, aos que temos algúns aniños sóanos a verán porque é a sintonía dunha serie de televisión que daban fai tempo, "Verano azul".Vos recomendo vela, seica vos gusta!
                                                   https://youtu.be/-PCkZ9S-nTY
A seguinte seguro que vos trae recordos...e ao mellor xa toleáchedes á familia con este grupo sendo pequenos 😲😄
                                                      https://youtu.be/8JHcQe5vv-w

A última proposta é para bailar e rirse un bo rato.
                                                     https://youtu.be/z6DoPp-LkTA

Deséxovos un moi feliz verán🌞, que disfrutedes moito, que sexades moi felices e que voltemos a vernos en setembro con moitas ganas de compartir música, de aprender e de pasalo ben. 
Envíovos miles e miles de bicos😘😘😘😘😘😘😘😘😘
 💖💖e toda a alegría do meu corazón💖💖