Relixión 8 xuño 3º E.P.


Bo día rapazas e rapaces!
Pouco a pouco foi chegando o mes de xuño, mes no que rematamos as clases e chegan as tan ansiadas vacacións. Este curso, e despois de todo o que pasou, estou segura de que se precisan máis ca nunca. Así que hoxe, será a nosa última “clase” de relixión. Propóñovos unha actividade de reflexión: só tedes que pensar cal é o voso maior desexo para este verán.
O meu é que o pasedes ben neste tempo e que poidades estar coa familia e cos amigos.

Unha aperta enorme e bo verán.
Eva