Galego 14 abril 3º E.P.



Bo día rapaces!

Hoxe en Lingua Galega, para comezar o terceiro trimestre imos facer un pequeno exercicio de memoria. Aínda que as vacacións de Semana Santa foron un tanto particulares, estou segura que houbo momentos moi especiais e diferentes a outros anos.

Ben, pois imos pensar neses momentos que fixeron que as vacacións fosen distintas, por exenplo; unha película en familia, unha receita de cociña, un xogo diferente cos vosos familiares... Xa o temos?

Agora colleremos os nosos cadernos e o contaremos neles, non sexades vaguetes que tendes tempo para escribir, e dicir, non quero cinco liñas, un pouco máis ben podedes.

Cando voltemos ao cole teremos moitas historias que contarnos e así, desta maneira non se nos esquecen.

Deica mañá!