Amosando publicacións coa etiqueta galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta galego. Amosar todas as publicacións

Galego 18 de xuño 1º E.P.

Rematou o curso e imos escoitar un rock. Despois podes decorar a bandeira con palabras en galego ou unha frase de despedida.
Bicos




Rocanrol dragon


Galego 18 de xuño 2º E.P.


Bos días nenas e nenos!


O traballiño de hoxe é sobre as palabras compostas. A por todas! Esta é a última propostas de galego desde ano.


Millón de bicos dos vosos titores.

Felices vacacións!! 



Galego 18 xuño 3º E.P.



Bo día rapaces!

E chegou o final deste extrano curso. Vouvos botar moito de menos pero agora merecédevos ter un descanso.

Hoxe como él último de traballo deixovos unhas adiviñas para que as fagades coas vosas familias, a ver quen é capaz de adiviñalas todas!!!

Feliz verán!



Galego 17 xuño 3º E.P.



Bo día rapaces!

Xa case chegamos ao final polo que faremos un último esforzo cos exercicios que vos deixo, son moi divertidos xa que tendes un encrucillado e unha sopa de letras que sei que vos gustan mais que os exercicios habituais.

Espero que vos guste!

Deica mañá!



Galego 17 junio 4º E.P.

Queridas rapazas e rapaces,

Ata aquí chegaron as clases de galego. Rematamos o curso!!!
De súpeto pasou rápido...

As profes queremos desexarvos unhas moi felices vacacións de verán. A disfrutar do tempo libre e a liberdade de poder saír a rúa. Unha aperta enorme a tod@s!!!

Para que non vos olvidedes do espírito e do orgullo de ser galeg@s vos deixamos estes vídeos para motivarvos a falar galego ou para usalo un pouquiño máis.





Galego 16 de xuño 1º E.P.

Completa coa axuda dos debuxos.

Galego 16 de xuño 2º E.P.


Ola rapazada! 


Imos completar o texto. É moi moi fácil. 


Falta ben pouco para rematar o curso.  


Bicos e máis bicos! 



Galego 16 xuño 3º E.P.



Bo día rapaces!

Hoxe deixovos un enlace para facer as actividades online que sei que vos gusta moito.
Os exercicios son de repaso da familia de palabras.

Mans á obra!

Deica mañá!

https://es.liveworksheets.com/nc233520kb

Galego 15 junio 4º E.P.

Bo día!

Xa estamos na última semana do curso! Tedes ganas de vacacións? Abofé que si!

Como xa está chegando o verán deixámosvos esta ficha con vocabulario típico desta estación.


Galego 12 xuño 3º E.P.



Bo día rapaces!

Cómo levamos esta semana? Xa remata, e así con todas. Qué rápido pasa o tempo!

Hoxe deixovos un enlace para facer unha comprensión lectora, recordade ler o texto polo menos unha vez en voz alta.

Pasade unha boa fin de semana!

https://es.liveworksheets.com/tx87826sa

Galego 12 junio 4º E.P.

Bo día!

Xa é venres! Que rápido pasou a semana!

Hoxe é o Día Mundial contra o traballo  infantil.

Vemos o vídeo e contestamos as preguntas.


Por que cres que é importante que exista o Día Mundial contra o traballo infantil?
Hai algún país onde os nen@s traballan en vez de ir a escola?
Que cres que deberían facer @s nen@s no seu día a día?
Sínteches afortunad@ de ter a vida que tes? Por que?


Galego 11 de xuño 1º E.P.

COCIÑAMOS?

Galego 11 de xuño 2º E.P.


Bos días nenas e nenos!


Hoxe repasaremos os pronomes persoais. É ben fácil.


Ata mañá!



Galego 11 xuño 3º E.P.



Bo día rapaces!

Qué tal a actividade do caligrama? Resultouvos divertida?

Hoxe xa voltamos á normalide en canto as actividades.

Deixovos unha ficha que é tamén divertida e ten unha sopa de letras polo medio que xa sabedes que cos xogos tamén aprendemos.

Deica mañá!



Galego 10 junio 4º E.P.

Bo día a tod@s!

Empezamos correxindo os exercicios do luns. Correxide con atención.






























E finalizamos a reflexión do libro "A cazadora de estrelas".

Que inxustizas atopas na historia.

Que emocións sentiches lendo o libro? (mira a táboa que pegaches na libreta de galego).


Deixamos a táboa de novo por se acaso.


Galego 10 xuño 3º E.P.



Bo día rapaces!

Cómo andamos?

Hoxe vouvos mandar unha actividade diferente as destes días atrás, aínda que o que vou poner non sabedes o que é deixo a explicación na parte superior da ficha.

Imos traballar cos poemas, iso si que sabedes, pero dunha forma moi divertida e orixinal, imos facer un caligrama, e qué é iso? Pois é un poema no que as súas palabras forman un debuxo. Tamén deixo un exemplo para que o vexades.

O que vos propoño para hoxe é que busquedes un poema, tendes no libro, e fagades un caligrama con el. Se vos sentides inspirados tamén podedes facer un poema de creación propia.

Recordade que non somos expertos nesta técnica e estamos aprendendo dunha maneira divertida.

Tamén se queredes podedes envialo e así podemos ver as vosas creacións.

Deixovos embaixo o exemplo.

Espero que vos guste!

Deica mañá!




Galego 9 de xuño 1º E.P.



Galego 9 de xuño 2º E.P.


Ola rapazas e rapaces! 


Imos todos xuntos a inventar unha historia. Lembrade facer boa letra.

Sería bo ler cada día un pouquiño.


Mandámosvos  un montón de bicos! 




Galego 9 xuño 3º E.P.



Bo día rapaces!

Hoxe vouvos deixar unha ficha para repasar as contraccións dos artigos é as preposicións, non é doado aprendelo nun curso, así que non está demáis que o repasemos para os cursos que nos quedan.

Ánimo!

Deica mañá!



Galego 8 junio 4º E.P.

Bo día rapazas e rapaces!

Hoxe é luns 8 de xuño. Que pouquiño queda deste curso.

En galego repasamos algo sinxelo pero fundamental. Ánimo!!