Galego 15 abril 4º E.P.


Bo día!
Como sabemos que as veces poden xurdir dúbidas nos distintos exercicios que mandamos, queremos que saibades que estamos a vosa disposición para aclaralas. No blogue hai unha pestana que pon envío de tarefas. Aí buscades o noso correo e nos escribides a dúbida. Vos contestaremos resolvéndoa.

Comezamos con galego e parece que o destino nos tiña preparada a broma de que xusto toque aprender sobre o parque e os xogos. Poderíamos saltalo, pero as profes vimos a oportunidade para traballar a parte emocional que tan importante é.
Mirando a páxina 126 do libro de galego, reflexiona, mira dentro de ti, busca recordos e emocións e contesta redactando as seguintes preguntas. Non respondas pregunta a pregunta. Redacta na libreta de galego poñendo os signos de puntuación (comas, puntos) e fixándote nos acentos, maiúsculas e ortografia. Escribe entre 5 e 15 liñas. Recorda que podes mirar a lista de emocións na libreta de galego para engadir algunhas (Nostalxia? Ledicia? Resignación? Ilusión? Felicidade?).

Cando eras pequen@, que era o que máis che gustaba do parque? Por que? Que recordos tes?

Actualmente botas de menos o parque? Por que? Que fas no parque cando vas?

Dos xogos que aparecen nos exercicios 2 e 3 cales eran e son os teus preferidos?


Deixádevos levar polas emocións. Sentilas e que fluan.

Se non tes a táboa de emocións vola deixamos aquí. Aproveita e cópiala.


O venres poñeremos as preguntas dos capítulos 13 e 14 do libro de lectura "A cazadora de estrelas". Se aínda non os liches, tes tempo. Ánimo!