Galego 22 abril 4º E.P.

Bo día!

Hoxe volvemos a reflexionar con outra das emocións... cal será...?

























Recordade que vos repetimos moitas veces que sodes vós quen elexides. Unha vez que ocorre algo, para, tómate o teu tempo para pensar e elixe a mellor opción (nunca é a violencia).
Agora que nos colleu por sorpresa, por primeira vez nas nosas vidas, o non poder saír da casa, está nas nosas mans elexir como quero pasar este tempo. Queixándome? Hai opcións mellores, non si?

Unha frase en inglés para esta emoción sería...Be water my friend (se auga meu amigo). A auga vaise adaptando as rochas e obstáculos que atopa no seu camiño e segue o seu curso, o seu camiño.

Vos deixamos a folla como nas anteriores emocións. Como é unha emoción que pode derivar en calquera outra tedes moitas opcións para escribir. E quen se anime pode facer unha reflexión na súa libreta de galego.

É unha actividade que poden facer as familias e logo o momento de compartir todos xuntos. Animádevos!






















































Por último as preguntiñas dos capítulos de "A cazadora de estrelas".

15. BAIXO SOSPEITA

Que opina Megumi do observatorio?

Páxina 72 – liña 15. Que significa “puntualidade británca”?

Que transportaban os camións?

Páxina 73. En que momento Megumi e empática?

16. ESPIONAXE

De que maneira consegue Megumi entrar no observatorio? Foi doado?