Galego 27 abril 4º E.P.

Bo día!

Hoxe é luns pero é unha semana curta xa que o venres é festivo. Ánimo!!


Nesta nova semana que empeza, que xa é un pouco diferente porque os campións e campionas desta sociedade xa podedes saír a rúa!, queremos propoñer unha actividade de reflexión, como xa fixemos moitas veces, pero que desta vez vos animedes a compartila. Podemos aceptar diferentes formatos: unha entrevista se teñen a oportunidade de facer o traballo entre dous, un monólogo falando das preguntas que propoñemos, inventar un monólogo, unha carta a modo de reflexión, un debuxo, poesías, inventar unha canción, un rap, baile… Podemos admitir diferentes formatos, vídeos, audios, fotografía… Coa información recompilada, de infantil e primaria que mandedes, gustaríanos montar unha bonita exposición recollida nun vídeo.
 “Os nen@s están biolóxicamente predispostos a comunicar. Escoitar a vida en todas as súas formas e cores”.

Vos deixamos unhas cantas preguntas para axudarvos coa reflexión.
1. Como te chamas?
2. Cantos anos tes e en que curso vas?  
3. Como levas o confinamento 
4. Por que se tomou esta decisión do confinamento? 
5. Que é o que  che gusta do confinamento? 
6. Como é un día entre semana nesta situación? 
7. Que fixeches o primeiro día que saíches a rúa?
8. Que che gustaría facer cando poidas saír á rúa con máis liberdade?  
9. Que é o que che axuda a levar mellor este momento? 
10. Cal é a túa opinión sobre o teletraballo? Ou prefires ir ao cole?