Galego 28 abril 3º E.P.



Bo día rapaces!

Hoxe deixovos unha ficha de lectura, procurade ler en voz alta; tendes tempo e podedes consultala tantas veces como queirades para responder as preguntas.

As preguntas as copiamos no noso caderno con boa letra ao mesmo que as repostas, seguro que o facedes de maravilla.

Deica mañá!


GEMA QUERE PATINAR

      Gema está moi enfadada porque dende que o seu irmán maior Andrés, ten uns patíns novos non llos deixou nin unha vez. Ela pídellos todos os días e el sempre lle di que non, que é moi pequena para patinar. Por iso un día que Andrés estaba no colexio, Gema entrou no seu cuarto e colleu os patíns do armario. Baixou á rúa e colocounos, pero cando intentou patinar perdeu o control e caeuse de cu. Cando o seu irmán  decatouse do ocorrido deulle un ataque de risa.

Responde:

Por que está enfadada Gema?

Por que Andrés non lle deixa os seus patíns?

Onde foi a patinar?

Que pasou cando intentou patinar?

Que pasou cando se decatou o seu irmán?

Onde gardaba Andrés os patíns?