Galego 3 de abril 4º E.P.

Empezamos coa solución da última ficha. Correximos fixándonos e con atención.
O que está escrito a verde son exemplos. Hai moitas outras opcións válidas.


Xa é o último día antes das vacacións! A ficha para hoxe é da acentuación das palabras esdrúxulas. E de repaso da primeira avaliación.

As preguntas do libro "A cazadora de estrelas".

11. DESPOIS DO ESCÁNDALO
Que lle retiran a Megumi?
Que segredo sabe de Zeus?

12. RECUPERACIÓN ESPECTACULAR
Como vai a recuperación de Turrón?
Por que Turrón non lle di nada a Megumi?
Que opinión ten a comunidade de Megumi?

Recorda que ler é unha actividade de lecer! Podedes seguir lendo o libro e descubrindo que pasa na historia con Megumi e Turrón.