Galego 30 abril 3º E.P.



Bo día rapaces!

Xa estamos remantando unha semana máis.

Hoxe imos ver a páxina 139 do noso libro, recordades a poesía? Vímola en Lingua Castelá , ten versos, estrofas rimas e se entona de maneira diferente a prosa.

Ben, pois na páxina 139 temos unha poesía, o que imos facer hoxe é ler a poesía en voz alta e copiala no noso caderno, ao rematar faremos un debuxo sobre o que nos di.

Tamén, para repasar, copiaremos no noso caderno o recadro amarelo.

E xa para finalizar hoxe, faremos o exercicio número 2.

Recordade coidar a limpeza e a letra dos cadernos.

Deica mañá!