Bo día de novo!
Como acercase un fin de semana longo os propoño facer algo que non vos vai levar moito tempo tan só unha pouquiña de atención e preocupación polo que imos facer.
- Nos poñemos as pilas porque imos formar un equipo de pequenos científicos, e como xa sabemos para que o traballo saía adiante necesitamos a colaboración de todos os membros.
- Collemos o libro de Naturais e abrimolo pola páxina 68 onde aparece un experimento.
- Lemos o experimento e buscamos os materiais e utiles que necesitamos para facelo. Listo!
- Mans a obra! Preparamos o experimento seguindo os pasos que nos mandan.
- Duración do experimento = 1 semana ( recollendo datos todos os días)
- Nunha folla imos anotando os resultados de cada día para chegar a unha conclusión o último día.
O proximo xoves douvos mais pistas para rematar entre todos este experimento.
Deica a semana que ven!