Sociais 1 de abril 4º E.P.


Que tal vai ese traballo de investigación dos ríos de España, rapaces e rapazas? Pode parecer algo difícil, pero consultando un pouco fontes de internet, ou algún libro, incluído o noso libro de clase (os afluentes por exemplo, xa aparecen), veredes que vades completando a táboa sen problemas...e aprendemos moitas cousas curiosas do noso relevo!
Aínda así, para que non pensedes que é imposible.... aquí vos deixamos a solución, por se algunha cousa non a atopades.



E para rematar a semana, vos deixamos unha ficha de repaso. Acude aos esquemas que fixemos, e se tes alguna dúbida, podes tamén consultar o libro. Ánimo! Xa veredes cantas cousas lembrades!