Bos días nenos e nenas!
Estamos a acabar o curso, quedan moi poucos días.
Hoxe temos un xogo de memoria, o podedes imprimir e comezar a diversión
Moito ánimo.
Bo día rapazada!
Imos aló coa última clase de sociais deste curso.
Fai un par de sesións vos pedimos que cubrísedes un test de repaso dos contidos que vimos neste curso. Pois o primeiro de hoxe é deixarvos as solución, para que se aclare calquera dúbida que poidese quedar.
Como última actividade, e xa que na pasada sesión vos propuxemos ver e xogar nunha páxina coa que lembrábamos todo o que dimos do Universo...e algunhas cousas máis que ao mellor nos sorprenderon, hoxe queremos que cantedes e coloreedes os planetas do noso Sistema Solar. Vos deixamos un debuxo, o podedes colorear ao voso gusto ou cópialo na libreta ou nunha folla. E tamén unha canción "modernísima" que seguro que algún pai-nai-tío-avoa… lle pode soar e ata se anima a cantala con vós😋😆
Pois chegou o momento da despedida...pero só por uns meses.
Desexámosvos un feliz verán, queremos que descansedes, disfrutedes, riades, xoguedes…. e que en setembro voltemos a reencontrarnos para chocarnos os cóbados, saudarnos (aínda que sexa un pouquiño de lonxe) e volver a desfrutar do tempo xuntos, con mascarillas e distancias😷, pero xuntos e véndonos.
Como todas as cousas teñen un final, hoxe tocounos a nos chegar ao final. Mais non por iso imos poñernos tristes pois lembraremos os traballos que compartimos, os xogos, as saídas,....... todos aqueles bos recordos que nos fagan felices, os malos metemolos nunha caixa e pechámolos ben para que non saían. Xa pronto comenzaredes esas vacacións tan merecidas e espero que disfrutedes moito delas.
Ser felices, bós e sobretodo disfrutade do verano . Unha aperta e un bico moi forte para todos.
Hoxe toca clase de sociais...pero transformándonos en astronautas. Imos facer unha viaxe ben entretida e interesante polo Universo, lembrando os planetas e as súas características, coñecendo as constelacións, aprendendo de personaxes importantes da historia da Astronomía...
En fin, vos deixamos o enlace a unha web ben completa sobre o Universo. Pinchade en todo aquelo que vos resulte de interese e pasade un bo rato aprendendo e descubrindo.🌍🌑🌌🌜🌟
Hoxe a proposta é para reflexionar sobre o coidado do medio ambiente, moitas
veces o ser humano non se comporta da mellor maneira deixando lixo na natureza.
A podedes facer
no voso caderno, nun folio ou imprimila.
Como xa estamos chegando ao final deste curso tan raro, raro, raro 😷😷😷, e levamos semanas traballando e lembrando os conceptos e contidos aprendidos no cole ata que o "bichiño con coroa" nos enviou a regañadentes para as nosas casas, hoxe vos imos pedir un traballo especial.
Gustaríanos que fixérades esta ficha de repaso e no-la enviedes, como sempre, a través do correo electrónico das profes ou de Remind. Podédela imprimir ou escribir na libreta o número da pregunta e a letra da resposta correcta.
Non vos poñades nervios@s, que aínda que pareza moito, só hai que pensar cada pregunta con concentración e lembrar. Tedes o libro e máis os esquemas se vos xurden dúbidas.
Tranquil@s, tedes tempo ata o mércores día 10.
Moito ánimo e a contestar! Ídela facer xenial, xa veredes.
Estamos chegando á fin de semana e tamén ao final deste curso, tan diferente, por iso vou propoñeros o seguinte:
Abrimos o libro pola páxina 40 e facemos esas actividades no voso caderno ou nun folio. Cando as teñades rematadas, facedes unha foto e as enviades ao meu correo (Laura) que está na pestana de "ENVIO DE TAREFAS" antes do día 5 de Xuño.
E como din os contos cando chegan ao seu final "E COLORIN, COLORADO ESTE CONTO XA ,casi, ESTÁ REMATADO" .
Disfrutade do bo tempo e ata a semana que ven. Un biquiño forte para todos.
Hoxe repasamos o relevo: montañas, ríos, depresións...lembrades verdad?
Poñemos o nome a cada número dos marcados no mapa. Podedes axudarvos do libro e dos esquemas que fixemos. No segundo exercicio, repasade as características dos ríos de cada vertente e da un exemplo.