Que tal resultou a ficha de onte? Non era tan complicada, non? Era unha paisaxe de montaña, e tiñades que contar as características desas paisaxes.
Para rematar ben o tema, hoxe vos propoñemos facer na libreta o exerc. 25 da páx. 66 do libro, a modo de repaso.
E tamén vos invitamos a xogar...e "viaxar" cos nosos coñecementos! Aínda que estemos confinados!😜. Nos seguintes enlaces poderedes poñer a proba o que sabemos e aprendimos. As profes sabemos que aparecerán algúns nomes que ao mellor non nos soen…pero son poucos e sabemos que sodes moi intelixentes e podedes probar e seguir aprendendo cousas novas. A xogar!
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/rios-de-espaa/6b90cb5d-8084-4d44-9cc6-990fe7068e38
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/relieve-de-espaa/b08c36e5-ed54-46e1-995f-354b59d8dd08