Bo día!
Comezamos unha nova semana e queremos reflexionar sobre unha nova emoción.
Cando queres ou desexas algo que non podes ter ou facer...
como te sentes?
decepcionad@, triste, enfadad@, desilusionad@? Claro! porque o noso desexo é
algo que esperabamos, pero de repente vemos que non é posible ter. De seguro
que te soa, verdade?
Como reaccionas? chorando, gritando, volvendo a intentalo, tirando a
toalla, buscando vinganza ou pagándoo con alguén...?
... Aínda así é unha emoción moi importante. Que emoción é? A FRUSTRACIÓN. Para que sirve? Para adaptarnos ao mundo e
a nosa maneira de relacionarnos cos demais.
Aprender a tolerar a frustración axúdanos a establecer relacións sociais máis
satisfactorias. Se non somos capaces de aceptar un non por resposta, ou quixeramos
sempre que todo fora segundo os nosos desexos, quen ía poder convivir con nós? Isto
crea conflitos na familia e tamén entre os amig@s.
A frustración permítenos respectar e entender os
límites que os demais poñan sobre nós, pero tamén a entender que nós debemos,
tamén, poñer uns límites. Poñer límites aos demais fai estar máis cerca
deles. Falamos de límites saudables. Por exemplo, se tes un/a amig@ que
precisa a túa atención constantemente, debe comprender que non podes estar
pendente de él/ela día e noite. Ese é un límite. Se a outra persoa non ten
tolerancia á frustración, non quererá respectar e a amizade pode danarte ou
romperse.
Tolerar a frustración fainos máis
empáticos.
Para aprender a tolerar e xestionar a frustración de
maneira positivo é necesario vivila e experimentala. Por iso hai que aprender a
esperar as recompensas ou saber que as veces non van a chegar.
A frustración non se pode ignorar, no podemos facer como
que non ocorre nada, hai que vivila, sentila, e esperar a que pase. De ela
sacaremos, seguro, unha aprendizaxe valiosa.
Propoñémovos ver o seguinte vídeo e despois contestar as preguntas.
A que se dedica o ser máxico?
Que quere facer o rapaz?
Como o quere facer?
Que emocións observas no neno cando o ser máxico so lle
da unha bola de arcilla?
Como lle sae a primeira proba? Abandona? Como reacciona?
Foi doado facer ben o xarrón?
Como se sinte cando lle sae ben?
Que sinte o ser máxico ao ver todos es estantes cheos e que o rapaz o logrou?
Detectas a emoción de frustración no rapaz? En que momentos? Como reacciona ante a frustración?
Agora pensa e escribe algúns momentos nos que ti sentiches esta emoción da frustracción.
Escribe que emocións sentiches á vez (enfado, tristeza...) e como reacionaches.
Cres que foi unha boa maneira ou poderías reaccionar de outra forma?