Bo día!
Comezamos a última semana do mes de maio!
Neste curso falamos varias veces sobre a empatía. Incluso trouxéches os zapatos doutras persoas para poñelos na clase! Acordádevos???
A empatía é a capacidade para poñerse no lugar doutro@ e comprender o que sente o pensa sen que sexa necesario que o exprese directamente, facendo que a comunicación sexa respetuosa co outr@, entendendo as súas vivencias, emocións e opinións como froito da súa situación única.
Ben, ter e traballar a empatía é moi importante para convivir na casa, no colexio, no parque... en sociedade. Por iso vos deixamos aquí 4 situacións para que cubrades. Pensando, recordando algún momento que vivírades ou non pero poñéndonos no lugar desa persoa.
Temos a Megumi abandoada!! Animádevos a ler os 2 últimos capítulos! O mércores poñemos as preguntas.