Galego 5 maio 3º E.P.



Bo día!

Recordades que o outro día en Lingua Castelá faleivos de facer unha entrevista?

Ben, pois hoxe imos repasar o diálogo; o diálogo é algo que tamén utilizamos todos os días, non é máis que unha conversa entre dous ou máis persoas, para plasmala por escrito utilizamos unha raia ou guion.

Imos abrir o noso libro pola páxina 138 e ler a conversa entre as xoaniñas que aparece ao pricipio da páxina, tamén copiaremos no noso caderno o recadro amarelo para que non se nos esqueza. Por último faremos os exercicios 1 e 2, no exercicio 1 podemos incluir o debuxo do terceiro personaxe que temos que inventar.

Deica mañá rapaces!