Bo día rapazada!
A tarefa de hoxe de galego ven da man do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Animádevos e participade na súa proposta!
A tarefa de hoxe de galego ven da man do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Animádevos e participade na súa proposta!
Queridos alumnos/as e familias:
Xa sabedes que todos os anos, en maio, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca o Certame das Letras Galegas, con motivo da festividade do 17.
Este ano, debido a estas circunstancias extraordinarias, non vai ser posible levalo a cabo coma sempre. Pero o EDLG non se conforma e invítavos a facelo dun xeito diferente.
Propoñémosvos facer un traballo (narración, poema, conto…) EN GALEGO, sobre o tema que queirades, e enviarllo ós/ás titores/as. Podedes facelo cunha foto da folla ou nun documento de Word ou PDF, como mellor os conveña.
Non haberá premios pero sí que poderemos escoller algúns dos traballos e, con previo permiso voso, publicalos na revista dixital “Portas Adentro” do propio EDLG, no mes de xuño.
Esperamos os vosos traballos!
Tedes de prazo para reenviarllos aos titores/as ata o luns 18 deste mes.
Grazas pola vosa participación! Ánimo e a escribir!