Bo día rapazada!
A tarefa de hoxe, de galego, ven da man do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Animádevos e participade na súa proposta!
Xa sabedes que todos os anos, en maio,
o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca o Certame das Letras Galegas,
con motivo da festividade do 17.
Este ano, debido a estas circunstancias
extraordinarias, non vai ser posible levalo a cabo coma sempre. Pero o EDLG non
se conforma e invítavos a facelo dun xeito diferente.
Propoñémosvos facer un traballo
(narración, poema, conto…) EN GALEGO, sobre o tema que queirades, e enviarllo
ós/ás titores/as. Podedes facelo cunha foto da folla ou nun documento de Word
ou PDF, como mellor os conveña.
Non haberá premios pero sí que
poderemos escoller algúns dos traballos e, con previo permiso voso, publicalos
na revista dixital “Portas Adentro” do propio EDLG, no mes de xuño.
Esperamos os vosos traballos! Tedes de
prazo para reenviarllos aos titores/as ata o luns 18 deste mes.
Grazas pola vosa participación! Ánimo e
a escribir!