Sociais 13 maio 3º E.P.




Bo día rapaces!

Hoxe imos dar resposta a unha serie de preguntas para saber se lembrades algo do que estivemos traballando no noso proxecto ou polo contrario esquencichedes todo. Imos aló.

1.- Que astros, ademais do sol, forman parte do sistema solar?

2.- Como se chama o satélite da Terra?

3.- En que dous grupos se clasifican os oito planetas do sistema solar?

4.- Como se chama o movemento que realiza a Terra sobre si mesma? A que da lugar?

 5.- Cal é o nome do movemento da Terra arredor do Sol? A que da lugar?

6.- Hai un planeta descuberto fai pouco e que leva o nome dunha escritora galega, sabedes como se chama? E o seu satélite?

7.- Como se chama a nosa galaxia?  Este planeta está na nosa galaxia?.  Cres que existen outras galaxias?

8.- As estrelas que vemos son todas brancas? Que cores teñen? De que depende a súa cor?

Propóngovos un reto: Cantas preguntas sodes capaces de contestar sen mirar polo libro?

E isto é todo por hoxe . Ata a semana que ven. Vai, Vai.!