Sociais 16 junio 4º E.P.

Bo día rapazada!
Imos aló coa última clase de sociais deste curso.
Fai un par de sesións vos pedimos que cubrísedes un test de repaso dos contidos que vimos neste curso. Pois o primeiro de hoxe é deixarvos as solución, para que se aclare calquera dúbida que poidese quedar.



Como última actividade, e xa que na pasada sesión vos propuxemos ver e xogar nunha páxina coa que lembrábamos todo o que dimos do Universo...e algunhas cousas máis que ao mellor nos sorprenderon, hoxe queremos que cantedes e coloreedes os planetas do noso Sistema Solar. Vos deixamos un debuxo, o podedes colorear ao voso gusto ou cópialo na libreta ou nunha folla. E tamén unha canción "modernísima" que seguro que algún pai-nai-tío-avoa… lle pode soar e ata se anima a cantala con vós😋😆



                                                       https://youtu.be/qE78tXPYb-Y

Pois chegou o momento da despedida...pero só por uns meses.
Desexámosvos un feliz verán, queremos que descansedes, disfrutedes, riades, xoguedes…. e que en setembro voltemos a reencontrarnos para chocarnos os cóbados, saudarnos (aínda que sexa un pouquiño de lonxe) e volver a desfrutar do tempo xuntos, con mascarillas e distancias😷, pero xuntos e véndonos.

FELICES VACACIÓNS, RAPACES E RAPAZAS!!🌅🌊☀