Galego 23 abril 3º E.P.
Bo día rapaces!
Estou segura que tras os vosos traballos de investigación de Lingua Castelá xa sabemos todos que día é hoxe, verdade?
Debido a isto, o noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega e de Lectura non quere deixar pasar este Día do libro 2020 sen "agasallarvos" co xa seu tradicional marcapáxinas. Desta vez, e dadas as circunstancias terá que ser "feito na casa", pero coa mesma ilusión de todos os anos.
Podédelo atopar na seguinte ligazón: https://xavedes.wordpress.com/2020/04/23/marcapaxinas
Anímovos tamén a que me enviedes unha foto do marcapáxinas rematado no libro que estades a ler, parécevos?
Deica mañá!