Xa é venres!
Esta semana, o mércores 22, foi o Día da Terra.
Vos propoñemos ver o seguiente vídeo.
Reflexionamos.
Podes pensar no patio do noso colexio no tempo de recreo ou cando vamos de excursión e comemos nalgún campo ou parque. É posible que, algunha vez, nós tamén colaborásemos con Petrolex, pero tamén, outras moitas veces coidamos o planeta.
Imaxina que eres a superheroina ou superhéroe que se encarga de coidar o planeta Terra. Describe como é o teu traxe, e os teus poderes. Ademáis, como moi ben di ao final Pepo... "un superheroe nunca actúa só". Pensa que características e valores ten o teu ou a túa compañeir@ de batalla e escríbeas.
Na redacción (mínimo 10 liñas) que fagas con todo o que describas, vas a necesitar usar os posesivos. Podes botarlle unha ollada a táboa que xa tes na libreta.
Por outra banda, ÁNIMO co libro "A cazadora de estrelas". Seguide lendo para as preguntas dos capítulos 17 e 18! Xa non queda nada!!