Xa é venres!!! E Maio está a piques de rematar.
Deixámovos a ficha que nos enviáchedes para que poidades correxir.
E agora practiquemos un pouquiño a descripción. Para iso, coñeces o xogo "TABÚ"? Consiste en que tes que describir unha palabra pero hai certas palabras prohibidas que non podes usar.
De todas estas elixes 4. E podedes xogar en familia!
Deixámovos un exemplo. Hai que redactar con sentido.
Palabra a describir: CAMA
Palabras prohibidas: habitación, durmir e casa.
Cama: é un moble que ten un colchón e sabas e nos tumbamos para descansar pola noite.