Naturais 28 mayo 4º E.P.

Bo día a tod@s!

Comezamos deixando a correción da ficha que enviáchedes de volta.


Calzado azul: Esther
Calzado vermello: Xulia
Calzado amarelo: Carme

1.   Esther polo camiño morado porque ainda que non escoita pola música pode ver e camiñar ben e subir escaleiras.
Xulia e Carme polo azul xa que cos ollos tapados pode oir os semáforos e é un camiño sen obstáculos para poder ir saltando cun pé soamente.

2.   Esther ten alterado o oído. Función vital de relación. É necesario para oir/escoitar.
Xulia ten alterado os ollos. Función vital de relación. Son necesarios para o sentido da vista. Para poder ver.
Carme ten alterado o aparato locomotor. Función vital de relación.  Necesario para executar as respostas que elabora o sistema nervioso.

3.   Esther usará os sentidos da vista, do olfacto e do gusto.
Xulia usará os sentidos do oído, do olfacto e do gusto.
Carme pode usar todos os sentidos xa que ela so iba a pata coxa.

4.   O prato de pasta xa que ten hidratos de carbono que dan enerxía e a carne son proteínas que proporcionan materiais para reparar o corpo.

As plantas son importantes en todas as estacións do ano, pero aproveitando que estamos en primavera vamos a continuar repasando a súa importancia.
Vemos o vídeo para despois poder responder as preguntas.


1. Responde verdadeiro ou falso. Nas falsas razoa a túa resposta.

1.    As plantas poden desprazarse. 
2.    As plantas relaciónanse. 
3.    As plantas non fabrican o seu propio alimento.
4.    As plantas nos aportan osíxeno. 
5.    Hai plantas con flores.


2. Contesta as seguintes preguntas.

En que consiste a fotosíntese?

Que é e para que serve a clorofila?

Onde viven as algas?

Onde podemos encontrar musgo?

Que significa plantas superiores?