Galego 2 xuño 3º E.P.



Bo día rapaces!

Qué tal estades hoxe? Con moitas ganas de traballar, verdade?

Este venres día 5 de xuño celébrase o día mundial do medio ambiente. Como xa saberedes é moi importante protexelo para o coidado do noso planeta.

Hoxe propóñovos unha actividade moi sinxela a mesma vez que divertida e orixinal.
O que imos facer é unha mensaxe para o futuro, coma unha cápsula do tempo, o que tendes que pensar é o que lle dirías a unha persoa do futuro o que fas ti para mellorar o medio ambiente, unha mensaxe que non é necesario que sexa moi longa pero que conteña información.

Podedes acompañala dun debuxo, metela nunha caixa para o futuro, metela nunha, botella... ou simplemente facela na libreta como queirades.

Deica mañá!