Sociais 2 junio 4º E.P.

Bo día, nen@s!
Como xa estamos chegando ao final deste curso tan raro, raro, raro 😷😷😷, e levamos semanas traballando e lembrando os conceptos e contidos aprendidos no cole ata que o "bichiño con coroa" nos enviou a regañadentes para as nosas casas, hoxe vos imos pedir un traballo especial. 
Gustaríanos que fixérades esta ficha de repaso e no-la enviedes, como sempre, a través do correo electrónico das profes ou de Remind. Podédela imprimir ou escribir na libreta o número da pregunta e a letra da resposta correcta.
Non vos poñades nervios@s, que aínda que pareza moito, só hai que pensar cada pregunta con concentración e lembrar. Tedes o libro e máis os esquemas se vos xurden dúbidas.
 Tranquil@s, tedes tempo ata o mércores día 10.  
Moito ánimo e a contestar! Ídela facer xenial, xa veredes.